Saturday 18 de May de 2024

A OMIC presenta un programa de charlas para persoas adultas sobre consumo responsable


 

A primeira será o 28 de febreiro, ás 11.30 horas, e abordará as novas tecnoloxías como unha vía para facer compras dunha maneira saudable

A Oficina Municipal de Información ás Persoas
Consumidoras (OMIC) ofrece un Programa de Charlas para persoas Adultas de
formación en consumo responsable, que abordarán distintas cuestións como “As
novas tecnoloxías na nosa compra” (28 de febreiro), “A banca electrónica” (20
marzo), “Ante as tecnoloxías, protéxete” (23 abril) e “O comercio electrónico” (20
maio).
Na primeira cita do día 28 deste mes, farase unha incursión no mundo das novas
aplicacións móbiles que poden axudar a facer compras dunha maneira saudable. En
“A banca electrónica” (20 marzo), as persoas asistentes aprenderán a manexar os
temas financeiros a través dos programas e das aplicacións de banca electrónica de
xeito seguro. “Ante as tecnoloxías protéxete” (23 abril) tratará sobre as medidas
necesarias para termos unha boa pegada dixital e aquelas que garanten unha
navegación segura e un manexo útil de internet, e que hai que ter en conta para non
poñer datos en risco. Por último, en “O comercio electrónico” (20 maio) as persoas
participantes serán dotadas das ferramentas básicas para mercar en liña de forma
fiable.

Nota de Prensa

Todas as charlas son ás 11.30 horas e teñen carácter gratuíto, pero requiren unha
inscrición previa, que se pode facer de maneira presencial na propia OMIC,
chamando ao teléfono 981 189 820 ou escribindo ao correo electrónico
omic@coruna.es